Publicacións

CLUB DE CIENCIAS 2025-2026

Imaxe
  Dende o Club de Ciencias do CPI Tino Grandío levamos a cabo nestes primeiros trimestres do curso 2025-2026 moitas e moi diversas actividades: Tivemos un arranque de temporada marcado polo estudo de un sinfín de invertebrados, que dos xeitos máis inesperados apareceron nas nosas vidas: unha libélula no corredor do noso cole, unha oruga de polilla que se refuxiou no leñeiro dunha alumna, tábanos que se nos colan na casa ou anomias que se resisten a ser despegadas dos nosos mexilóns.... Aproveitamos así, para desenvolver gran destreza no manexo da lupa binocular e descubrimos moitos detalles interesantísimos acerca da anatomía e fisioloxía de tan variada fauna. Ademas tamén houbo tempo para facer experimentos, como o da pasta de dentes de elefante, que se ben non resultou demasiado espectacular, axudounos a investigar acerca de conceptos tales como o de catalizador ou o de reacción exotérmica, e a comprender por que o osíxeno liberado, ao quedar atrapado no xabón, forma unha gran ca...

AS FLORES, TAN BONITAS POR DENTRO COMA POR FÓRA...

Imaxe
 Hoxe no club de ciencia estivemos analizando en detalle as estruturas reprodutoras das flores. Primeiro e grazas o notable tamaño das flores do xénero Lilium   puidemos observar a simple vista os filamentos e anteras dos estames e o ovario, estilo e estigma do pistilo. Despois procedimos coa axuda da lupa binocular a descubrir por que unha margarida non é unha flor senón unha inflorescencia e advertimos o interesante e bonita que é a realidade que se escapa ó ollo humano.

GABINETE DE CURIOSIDADES

Imaxe
 Durante varias semanas o Club de Ciencias estivo inmerso nun apaixoante proxecto proposto polo centro educativo (apaixoante e un pelín estresante por momentos...verdade, rapaces? 😉 ).  Co obxectivo de promocionar as Ciencias entre os máis pequenos durante a semana cultural que se vén celebrando no noso cole dende fai anos, as nosas científicas e científicos (acompañados dun nutrido grupo de voluntarias que por cuestión loxísticas non puideron acudir ao club durante o resto do ano) organizaron e prepararon con moito rigor e cariño unha fantástica actividade divulgativa para os alumnos e alumnas de 5º de EP. Inspirada nos decimonónicos Gabinetes de curiosidades, o noso laboratorio fixo unha viaxe o pasado para mostrarlles ós máis pequenos como é un dente de cachalote ou unha barba de balea e que teñen que ver estas cos paraugas e os corsés, que son os famosos bolsos de serea que atopamos nas praias e que clase de animais eran os trilobites que poboaban os mares no Paleozoico,...

TOLEANDO COS CREBACABEZAS

Imaxe
Hoxe no Club de Ciencias quedou claro que a inmensa maioría dos nosos futuros científicos teñen que entrenar moito a paciencia! Sabemos que calquera proxecto científico precisa de moitas doses de creatividade, coñecemento, disciplina e...tesón!. Hai moita impaciencia que controlar, rapaces!!. Con todo, os nos investigadores en potencia demostraron enormes doses de talento e habilidade na montaxe e desmontaxe destes aparentemente inocentes xogos cos que podemos quedar atrapados horas e horas tratando de atoparlles unha lóxica oculta que parece resistírsenos! Bo traballo, xenias e xenios!!

OBSERVAMOS CÉLULAS VEXETAIS DA EPIDERME DA CEBOLA

Imaxe
Nesta ocasión ó departamento encargado das RRSS do Club de Ciencias pasóuselle por alto deixar evidencia fotográfica da nosa xuntanza e do noso éxito experimental (si....foi todo culpa da profe, pero na súa defensa hai que dicir que estaba máis atenta a que non vos cortarades co escalpelo nin vos tinguírades como pitufos co azul de metileno que a facer fotos). Aínda así hai que recalcar que a práctica foi todo un éxito e que puidemos ver con claridade ó microscopio óptico as paredes de celulosa das células vexetais e os seus núcleos comprimidos contra as paredes pola presión dos grandes vacuolos. Puidemos comprobar como as nosas científicas son unhas hachas no manexo dos bisturís, dos goteiros, dos portaobxectos e dos cubreoxectos....a preparación de mostras non teñen secretos para elas!

APRENDEMOS A MANEXAR UN MICROSCOPIO ÓPTICO

Imaxe
 Nesta xuntanza do Club de Ciencias iniciámonos no manexo do microscopio para a observación de mostras xa preparadas. Aprendimos o que son o revolver, a platina, os tornillos macro e micrométricos e os tipos de lentes que ten, e tamén a calcular os aumentos reais ós que estamos observando unha mostra tendo en conta os aumentos da lente ocular e da lente obxectivo. Xa estamos preparados para descubrir o mundo microscópico que nos rodea!

EXTRACCIÓN DE ADN

Imaxe
 No Club de Ciencias atrevémonos con todo, e aínda que extraer a molécula portadora da información xenética do interior das células dun ser vivo parece unha misión máis propia dun laboratorio de investigación de alto nivel, nós no CPI Tino Grandío puxémonos máns á obra e conseguímolo. O noso obxectivo era extraer e observar o ADN das células dun plátano e para iso simplemente necesitamos deterxente de lavavaixelas, alcohol, zume de piña, sal e xeo. Seguindo con atención un protocolo que especificaba os pasos que tiñamos que levar a cabo puidemos completar con éxito a nosa misión e observar unha masa filamentosa branca formada por moitas moléculas de ADN das células dos tecidos do plátano.

FLORES BICOLORES

Imaxe
  Sabemos dende ben pequenos que as plantas para nutrirse fan a fotosíntese ese proceso "máxico" polo que grazas á clorofila presente nos cloroplastos poden fabricar materia orgánica a partir do dióxido de carbono que collen polas follas e a auga con sales minerais que absorben polas raíces. Con este experimento no que sumerximos os talos dunhas margaridas en auga tinguida de azul, puidemos comprobar visualmente o percorrido que fai a auga dende a raíz ata os pétalos a través dos vasos do xilema. O resultado non foi moi espectacular porque nos faltou un pouco de previsión...para que os pétalos adquiriran unha cor máis homoxénea e intensa deberían estar máis "sedentas" antes de introducilas na auga con colorante.