EXTRACCIÓN DE ADN
No Club de Ciencias atrevémonos con todo, e aínda que extraer a molécula portadora da información xenética do interior das células dun ser vivo parece unha misión máis propia dun laboratorio de investigación de alto nivel, nós no CPI Tino Grandío puxémonos máns á obra e conseguímolo.
O noso obxectivo era extraer e observar o ADN das células dun plátano e para iso simplemente necesitamos deterxente de lavavaixelas, alcohol, zume de piña, sal e xeo. Seguindo con atención un protocolo que especificaba os pasos que tiñamos que levar a cabo puidemos completar con éxito a nosa misión e observar unha masa filamentosa branca formada por moitas moléculas de ADN das células dos tecidos do plátano.
Comentarios
Publicar un comentario