AS FLORES, TAN BONITAS POR DENTRO COMA POR FÓRA...




 Hoxe no club de ciencia estivemos analizando en detalle as estruturas reprodutoras das flores. Primeiro e grazas o notable tamaño das flores do xénero Lilium  puidemos observar a simple vista os filamentos e anteras dos estames e o ovario, estilo e estigma do pistilo. Despois procedimos coa axuda da lupa binocular a descubrir por que unha margarida non é unha flor senón unha inflorescencia e advertimos o interesante e bonita que é a realidade que se escapa ó ollo humano.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

EXTRACCIÓN DE ADN

GABINETE DE CURIOSIDADES

VOLTA Ó COLE DOCE E COLORIDA