OBSERVAMOS CÉLULAS VEXETAIS DA EPIDERME DA CEBOLA
Nesta ocasión ó departamento encargado das RRSS do Club de Ciencias pasóuselle por alto deixar evidencia fotográfica da nosa xuntanza e do noso éxito experimental (si....foi todo culpa da profe, pero na súa defensa hai que dicir que estaba máis atenta a que non vos cortarades co escalpelo nin vos tinguírades como pitufos co azul de metileno que a facer fotos). Aínda así hai que recalcar que a práctica foi todo un éxito e que puidemos ver con claridade ó microscopio óptico as paredes de celulosa das células vexetais e os seus núcleos comprimidos contra as paredes pola presión dos grandes vacuolos. Puidemos comprobar como as nosas científicas son unhas hachas no manexo dos bisturís, dos goteiros, dos portaobxectos e dos cubreoxectos....a preparación de mostras non teñen secretos para elas!


Comentarios
Publicar un comentario