TORRE DE LÍQUIDOS

 

Comezamos a nosa andadura científica neste Clube de Ciencia do curso 2024-2025 cun experimento sinxelo pero moi esclarecedor e colorido….unha TORRE DE LÍQUIDOS!

Nela observaremos como os fluídos se colocan nunha torre sen mesturarse en función da súa densidade: os máis densos ó fondo e os menos densos cara a superficie. Canto máis denso é un líquido máis peso vai ter no mesmo volume. Así o mel e o xabón quedarán na base da nosa torre e o alcohol e aceite na superficie. Ademais, para conseguir un resultado máis vistoso tinguimos os líquidos incoloros como a auga e o alcohol con colorantes para poder diferencialos ben!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

EXTRACCIÓN DE ADN

VOLTA Ó COLE DOCE E COLORIDA