Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2025

AS FLORES, TAN BONITAS POR DENTRO COMA POR FÓRA...

Imaxe
 Hoxe no club de ciencia estivemos analizando en detalle as estruturas reprodutoras das flores. Primeiro e grazas o notable tamaño das flores do xénero Lilium   puidemos observar a simple vista os filamentos e anteras dos estames e o ovario, estilo e estigma do pistilo. Despois procedimos coa axuda da lupa binocular a descubrir por que unha margarida non é unha flor senón unha inflorescencia e advertimos o interesante e bonita que é a realidade que se escapa ó ollo humano.

GABINETE DE CURIOSIDADES

Imaxe
 Durante varias semanas o Club de Ciencias estivo inmerso nun apaixoante proxecto proposto polo centro educativo (apaixoante e un pelín estresante por momentos...verdade, rapaces? 😉 ).  Co obxectivo de promocionar as Ciencias entre os máis pequenos durante a semana cultural que se vén celebrando no noso cole dende fai anos, as nosas científicas e científicos (acompañados dun nutrido grupo de voluntarias que por cuestión loxísticas non puideron acudir ao club durante o resto do ano) organizaron e prepararon con moito rigor e cariño unha fantástica actividade divulgativa para os alumnos e alumnas de 5º de EP. Inspirada nos decimonónicos Gabinetes de curiosidades, o noso laboratorio fixo unha viaxe o pasado para mostrarlles ós máis pequenos como é un dente de cachalote ou unha barba de balea e que teñen que ver estas cos paraugas e os corsés, que son os famosos bolsos de serea que atopamos nas praias e que clase de animais eran os trilobites que poboaban os mares no Paleozoico,...