Publicacións

FLORES BICOLORES

Imaxe
  Sabemos dende ben pequenos que as plantas para nutrirse fan a fotosíntese ese proceso "máxico" polo que grazas á clorofila presente nos cloroplastos poden fabricar materia orgánica a partir do dióxido de carbono que collen polas follas e a auga con sales minerais que absorben polas raíces. Con este experimento no que sumerximos os talos dunhas margaridas en auga tinguida de azul, puidemos comprobar visualmente o percorrido que fai a auga dende a raíz ata os pétalos a través dos vasos do xilema. O resultado non foi moi espectacular porque nos faltou un pouco de previsión...para que os pétalos adquiriran unha cor máis homoxénea e intensa deberían estar máis "sedentas" antes de introducilas na auga con colorante.

VOLTA Ó COLE DOCE E COLORIDA

Imaxe
  Para intentar que a volta ás clases fora o máis doce posible, estrenamos o ano no Clube de Ciencias facendo un experimento moi sinxelo e á vez didáctico e vistoso! Observamos como o azucre coloreado que recubre uns deliciosos snacks de chocolate se disolvía en auga formando uns preciosos arcos da vella. Estas biomoléculas orgánicas que tanta enerxía e alegría nos proporcionan son solubles en auga e con esta doada práctica puidémolo comprobar!. Se o azucre non estivera coloreado con colorantes alimentarios non poderíamos ver cos nosos propios ollos como se disolven estes deliciosos glícidos.

CONSTRUÍNDO A NOSA ÁRBORE DE NADAL CIENTÍFICA

Imaxe
  As últimas semanas antes das vacacións de Nadal estivemos moi entretidos indagando sobre o concepto matemático dos fractais, eses hipnotizantes obxectos xeométricos cuxa estrutura básica repítese a diferentes escalas. En concreto empregamos os triángulos de Sierpinski para construir una "árbore" navideña a partir de pirámides ou tetraedros regulare. O resultado foi moi chulo...e resistente (como ben puidemos comprobar ó facer forza sobre el e ver como se repartían as tensións ó longo da estrutura sen danala)

PREPARÁNDONOS PARA ACOLLER VIDA ACUÁTICA

Imaxe
Cando dende o Club de Ciencia valoramos a posibilidade de adoptar a un grupo de amigos con branquias puxémonos mans á obra e fixemos os calculos matemáticos pertinentes para saber que cantidade de auga necesitaríamos para a nosa flamante peceira e ademais de limpala a fondo estivemos preparando a calidade da auga para previr o crecemento das algas e bacterias para axudar ó mantemento do acuario.

UNS POLIEDROS DO MÁIS ACOLLEDORES

Imaxe
 Hoxe no noso clube científico aprendimos o resistentes e eficientes que poden ser as cúpulas xeodésicas que encontramos en construcións como a Spaceship Earth en Bay Lake, Florida e vivendas acolledoras e enerxéticamente moi sostibles que xa se están empregando como solución constructiva noutros continentes. Parece increible que a mera repetición dunhas sinxelas figuras xeométricas poida dar tanto de si!  Pola maña que se deron parece que o Club de Ciencias de Guntín alberga a moitas das mellores arquitect@s e enxeñeir@s do mañá! 🏠

TORRE DE LÍQUIDOS

Imaxe
  Comezamos a nosa andadura científica neste Clube de Ciencia do curso 2024-2025 cun experimento sinxelo pero moi esclarecedor e colorido….unha TORRE DE LÍQUIDOS! Nela observaremos como os fluídos se colocan nunha torre sen mesturarse en función da súa densidade: os máis densos ó fondo e os menos densos cara a superficie. Canto máis denso é un líquido máis peso vai ter no mesmo volume. Así o mel e o xabón quedarán na base da nosa torre e o alcohol e aceite na superficie. Ademais, para conseguir un resultado máis vistoso tinguimos os líquidos incoloros como a auga e o alcohol con colorantes para poder diferencialos ben!
Imaxe
MUNDO MICROSCÓPICO Estes días no Club de Ciencia estivemos facendo cultivo microbiolóxico en placas Rodac, que son placas de contacto e foi moi interesante ver toda a cantidade de microorganismos que temos ao noso arredor!! 😳 O que fixemos foi elixir unha superficie cada un e poñela en contacto cunha placa antes e despois de limpiala con alcol para ver se se notaba a diferenza! Eliximos probar nunha porta, na parede do laboratorio, nunha mesa e por suposto, na nosa pel!! Os resultados foron increíbles! Dimos fe tamén de que en xeral estaba todo bastante limpito!! 😉
Imaxe
O CLUB DE CIENCIA EN ASTURIAS Os días 2 e 3 de abril o Club de Ciencia foi de excursión a Asturias acompañados por Laura, a profe de Historia. Pasámolo moi moi ben!! Estivemos en Cudillero e Gijón, onde fomos visitar o Acuario Bioparque e a Vila romana de Veranes. Foi unha excursión inesquecible!! 😍