Publicacións

PREPARÁNDONOS PARA ACOLLER VIDA ACUÁTICA

Imaxe
Cando dende o Club de Ciencia valoramos a posibilidade de adoptar a un grupo de amigos con branquias puxémonos mans á obra e fixemos os calculos matemáticos pertinentes para saber que cantidade de auga necesitaríamos para a nosa flamante peceira e ademais de limpala a fondo estivemos preparando a calidade da auga para previr o crecemento das algas e bacterias para axudar ó mantemento do acuario.

UNS POLIEDROS DO MÁIS ACOLLEDORES

Imaxe
 Hoxe no noso clube científico aprendimos o resistentes e eficientes que poden ser as cúpulas xeodésicas que encontramos en construcións como a Spaceship Earth en Bay Lake, Florida e vivendas acolledoras e enerxéticamente moi sostibles que xa se están empregando como solución constructiva noutros continentes. Parece increible que a mera repetición dunhas sinxelas figuras xeométricas poida dar tanto de si!  Pola maña que se deron parece que o Club de Ciencias de Guntín alberga a moitas das mellores arquitect@s e enxeñeir@s do mañá! 🏠

TORRE DE LÍQUIDOS

Imaxe
  Comezamos a nosa andadura científica neste Clube de Ciencia do curso 2024-2025 cun experimento sinxelo pero moi esclarecedor e colorido….unha TORRE DE LÍQUIDOS! Nela observaremos como os fluídos se colocan nunha torre sen mesturarse en función da súa densidade: os máis densos ó fondo e os menos densos cara a superficie. Canto máis denso é un líquido máis peso vai ter no mesmo volume. Así o mel e o xabón quedarán na base da nosa torre e o alcohol e aceite na superficie. Ademais, para conseguir un resultado máis vistoso tinguimos os líquidos incoloros como a auga e o alcohol con colorantes para poder diferencialos ben!
Imaxe
MUNDO MICROSCÓPICO Estes días no Club de Ciencia estivemos facendo cultivo microbiolóxico en placas Rodac, que son placas de contacto e foi moi interesante ver toda a cantidade de microorganismos que temos ao noso arredor!! 😳 O que fixemos foi elixir unha superficie cada un e poñela en contacto cunha placa antes e despois de limpiala con alcol para ver se se notaba a diferenza! Eliximos probar nunha porta, na parede do laboratorio, nunha mesa e por suposto, na nosa pel!! Os resultados foron increíbles! Dimos fe tamén de que en xeral estaba todo bastante limpito!! 😉
Imaxe
O CLUB DE CIENCIA EN ASTURIAS Os días 2 e 3 de abril o Club de Ciencia foi de excursión a Asturias acompañados por Laura, a profe de Historia. Pasámolo moi moi ben!! Estivemos en Cudillero e Gijón, onde fomos visitar o Acuario Bioparque e a Vila romana de Veranes. Foi unha excursión inesquecible!! 😍
Imaxe
CORES DE DENSIDADES Hoxe no Club de Ciencia estivemos facendo un experimento sobre densidades. Para iso utilizamos unha mestura de auga e sal en proporcións distintas que probaron os alumnos tinguidas con diferentes colorantes e bueno, algúns tiveron máis exito que outros co resultado! Pero como sempre dicimos, os resultados regulares tamén son positivos, porque sempre aprendemos algo! 😊 Por certo, últimamente Sara non puido vir e botámola moito de menos! Esperamos que volva pronto! 😍
Imaxe
COMPROBANDO AS LEIS DOS GASES Nas dúas últimas semanas estivemos facendo uns experimentos para comprobar dúas leis dos gases: A lei de Gay-Lussac e a Lei de Charles. Esto foi porque Lucía en clase de Física e Química iba tan avanzada que a profesora díxolle se quería demostrar algunha lei da que estivemos estudando e iso fixemos! Ela encargouse de explicar todo o procedemento ao resto e foi moi divertido!! 😀
Imaxe
  XABÓNS 2.0 Á volta de Nadal repetimos a experiencia de facer xabóns porque probamos outra glicerina branca, xa que coa primeira de cor amarelo transparente algúns dos usuarios referían que o xabón desfacíase con facilidade e parece que con esta hai máis sorte! Esta vez tivemos de invitada a Laura, a profesora de Historia. 😍