Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2025

TOLEANDO COS CREBACABEZAS

Imaxe
Hoxe no Club de Ciencias quedou claro que a inmensa maioría dos nosos futuros científicos teñen que entrenar moito a paciencia! Sabemos que calquera proxecto científico precisa de moitas doses de creatividade, coñecemento, disciplina e...tesón!. Hai moita impaciencia que controlar, rapaces!!. Con todo, os nos investigadores en potencia demostraron enormes doses de talento e habilidade na montaxe e desmontaxe destes aparentemente inocentes xogos cos que podemos quedar atrapados horas e horas tratando de atoparlles unha lóxica oculta que parece resistírsenos! Bo traballo, xenias e xenios!!

OBSERVAMOS CÉLULAS VEXETAIS DA EPIDERME DA CEBOLA

Imaxe
Nesta ocasión ó departamento encargado das RRSS do Club de Ciencias pasóuselle por alto deixar evidencia fotográfica da nosa xuntanza e do noso éxito experimental (si....foi todo culpa da profe, pero na súa defensa hai que dicir que estaba máis atenta a que non vos cortarades co escalpelo nin vos tinguírades como pitufos co azul de metileno que a facer fotos). Aínda así hai que recalcar que a práctica foi todo un éxito e que puidemos ver con claridade ó microscopio óptico as paredes de celulosa das células vexetais e os seus núcleos comprimidos contra as paredes pola presión dos grandes vacuolos. Puidemos comprobar como as nosas científicas son unhas hachas no manexo dos bisturís, dos goteiros, dos portaobxectos e dos cubreoxectos....a preparación de mostras non teñen secretos para elas!