Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2025

APRENDEMOS A MANEXAR UN MICROSCOPIO ÓPTICO

Imaxe
 Nesta xuntanza do Club de Ciencias iniciámonos no manexo do microscopio para a observación de mostras xa preparadas. Aprendimos o que son o revolver, a platina, os tornillos macro e micrométricos e os tipos de lentes que ten, e tamén a calcular os aumentos reais ós que estamos observando unha mostra tendo en conta os aumentos da lente ocular e da lente obxectivo. Xa estamos preparados para descubrir o mundo microscópico que nos rodea!

EXTRACCIÓN DE ADN

Imaxe
 No Club de Ciencias atrevémonos con todo, e aínda que extraer a molécula portadora da información xenética do interior das células dun ser vivo parece unha misión máis propia dun laboratorio de investigación de alto nivel, nós no CPI Tino Grandío puxémonos máns á obra e conseguímolo. O noso obxectivo era extraer e observar o ADN das células dun plátano e para iso simplemente necesitamos deterxente de lavavaixelas, alcohol, zume de piña, sal e xeo. Seguindo con atención un protocolo que especificaba os pasos que tiñamos que levar a cabo puidemos completar con éxito a nosa misión e observar unha masa filamentosa branca formada por moitas moléculas de ADN das células dos tecidos do plátano.