Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

UNS POLIEDROS DO MÁIS ACOLLEDORES

Imaxe
 Hoxe no noso clube científico aprendimos o resistentes e eficientes que poden ser as cúpulas xeodésicas que encontramos en construcións como a Spaceship Earth en Bay Lake, Florida e vivendas acolledoras e enerxéticamente moi sostibles que xa se están empregando como solución constructiva noutros continentes. Parece increible que a mera repetición dunhas sinxelas figuras xeométricas poida dar tanto de si!  Pola maña que se deron parece que o Club de Ciencias de Guntín alberga a moitas das mellores arquitect@s e enxeñeir@s do mañá! 🏠

TORRE DE LÍQUIDOS

Imaxe
  Comezamos a nosa andadura científica neste Clube de Ciencia do curso 2024-2025 cun experimento sinxelo pero moi esclarecedor e colorido….unha TORRE DE LÍQUIDOS! Nela observaremos como os fluídos se colocan nunha torre sen mesturarse en función da súa densidade: os máis densos ó fondo e os menos densos cara a superficie. Canto máis denso é un líquido máis peso vai ter no mesmo volume. Así o mel e o xabón quedarán na base da nosa torre e o alcohol e aceite na superficie. Ademais, para conseguir un resultado máis vistoso tinguimos os líquidos incoloros como a auga e o alcohol con colorantes para poder diferencialos ben!