FLORES BICOLORES

Sabemos dende ben pequenos que as plantas para nutrirse fan a fotosíntese ese proceso "máxico" polo que grazas á clorofila presente nos cloroplastos poden fabricar materia orgánica a partir do dióxido de carbono que collen polas follas e a auga con sales minerais que absorben polas raíces. Con este experimento no que sumerximos os talos dunhas margaridas en auga tinguida de azul, puidemos comprobar visualmente o percorrido que fai a auga dende a raíz ata os pétalos a través dos vasos do xilema. O resultado non foi moi espectacular porque nos faltou un pouco de previsión...para que os pétalos adquiriran unha cor máis homoxénea e intensa deberían estar máis "sedentas" antes de introducilas na auga con colorante.