Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2024
Imaxe
  XABÓNS 2.0 Á volta de Nadal repetimos a experiencia de facer xabóns porque probamos outra glicerina branca, xa que coa primeira de cor amarelo transparente algúns dos usuarios referían que o xabón desfacíase con facilidade e parece que con esta hai máis sorte! Esta vez tivemos de invitada a Laura, a profesora de Historia. 😍
Imaxe
  QUE BEN COIDAMOS AOS NOSOS PEIXIÑOS! Aproveitamos a entrada de hoxe para comentar o que facemos cada semana cambiando a auga dos nosos peixiños!! Temos as tareas repartidas de maneira moi espontánea, de tal forma que Lucía e Uxía encárganse de medir os parámetros e controlar se a auga está en condicións; Uxía e Sara retiran a auga do acuario; Jero e Raúl lavan o filtro con moita minuciosidade e limpan as paredes da pecera e Lucía, Sara e/ou Uxía volven a encher a pecera con auga nova á que lle botaron acondicionador e, ás veces, un reforzo de bacterias nitrificantes en función dos parámetros medidos. A verdade é que é unha rutina da que disfrutamos moito!! Agora temos a auga algo verde porque crecen microalgas, pero non lles fai ningún dano aos nosos amigos peixiños 😊