Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2023
Imaxe
  DÍA MULTITAREA NO CLUB DE CIENCIA Hoxe no Club de Ciencia foi un día multitarea, como pensamos que van ser a partir de agora ao ter aos nosos amigos os peixes cebra con nós. Primeiro estivemos vendo como están os parámetros da auga e despois observamos unha gota da auga da pecera ao microscopio onde vimos varias especies de microalgas! Ademais, Sara estivo moi entretida "calibrando" unha balanza do laboratorio.😉
Imaxe
INCHANDO UN GLOBO SEN SOPRAR  Hoxe estivemos inchando un globo cunha técnica sorprendente!!! Mesturamos bicarbonato con vinagre e xurdiu a maxia!! 😳 Cada grupo fixo os seus cálculos a ver quen conseguía hinchar máis o globo!  Velaquí o resultado! Foi moi divertido!!! 😆
Imaxe
NOVOS AMIGOS ACUÁTICOS NO CLUB DE CIENCIA  Hoxe por fin recibimos os nosos novos inquilinos do laboratorio!! Uns peixes cebra moi bonitos que imos coidar moi ben para que se reproduzcan e podamos observar os ovos e as larvas! A ver se hai sorte e lles gusta o ambiente que lle levamos preparando dúas semanas! 😀
Imaxe
MENSAXES SECRETAS  Hoxe estamos moi contentos porque unha nova alumna apuntouse a experimentar con nós! Así que xa somos 5 alumn@s : Jero, Lucía, Raúl, Sara e Uxía e a profesora María, un equipazo!! 😎  Aínda que hoxe faltaron algúns miembros do Club, os que quedamos estivemos mandánonos mensaxes secretas utilizando como tinta invisible un limón!! Tivemos que revelar as mensaxes utilizando a chama dunhas velas e algúns tivemos máis destreza que outros pero pasámolo en grande!! 😄